A nosa historia
Somos un centro de fisioterapia ubicado en A Valenzá, especializado en patoloxía músculo-esquelética e deportiva, así como en técnicas invasivas, fisioterapia manual i exercicio terapéutico.
Nós Fisioterapia nace de dar forma a un proxecto de vida, un espazo concebido para promover a saúde e os valores que nos caracterizan como empresa: empatía, responsabilidade e vontade.
-
Empatía: capacidade para poñernos na pel de outro e comprender o que nos rodea.
-
Responsabilidade: vinculada ao compromiso e a honestidade, somos responsables dos nosos actos e polo tanto, tamén da nosa saúde.
-
Vontade: querer é poder, polo tanto, é o último eslabón necesario para desencadenar cambios.
O noso traballo
Poñemos a disposición da túa saúde a experiencia adquirida en traballo de clínica, así como o traballo de campo no mundo do deporte profesional xunto cos coñecementos dunha formación constante e actualizada ca mellor evidencia científica dispoñible.