RESERVA DE CITAS
Os pacientes deben acudir con cita reservada previamente.
O horario de reserva de citas é de Luns a Venres de 9 a 21 horas.
As citas poden solicitarse por teléfono, por whatsapp, ou de forma presencial. En caso de que a chamada non sexa atendida, devolverase coa maior brevedade posible.
O paciente comprométese a asistir ás citas previamente concertadas.
Non se atenderá fóra do horario marcado.
Non se atenderá cun retraso maior de 15 minutos respecto da hora marcada.
BONOS E TARIFAS
Os bonos quedan supeditados unicamente á prescripción do fisioterapeuta.
O importe dos bonos será pagado nun só pago a 1ª sesión do tratamento.
Os bonos de 10 sesións teñen unha caducidade de 6 semanas dende a primeira sesión.
AUSENCIAS, RETRASOS, CANCELACIÓN E MODIFICACIÓN DE CITAS
-
As modificacións e cancelacións de citas deben ser comunicadas cun mínimo de 4 horas de antelación.
-
En caso de que un paciente non acuda á súa cita ou non a cancele con tempo suficiente, a cita contará como realizada e deberá ser aboada, quedando bloqueado sin posibilidade de coller cita no centro ata que o importe da sesión sexa aboado.
-
Tras 2 ausencias sin comunicación previa dun mínimo de antelación, o paciente pasará a ser marcado como reincidente e paciente de prepago, isto é, deberá abonar o importe da sesión xa no momento de coller a cita.
-
Nas sesión marcadas como parte de un bono, as ausencias incomunicadas ca debida antelación (4 horas) serán descontadas dos bono como sesión realizadas.
-
Nas sesión en parella, as ausencias de 1 dos membros contarán como sesión realizada.
-
Os beneficiarios de prezos especiais (convenios) que se convirtan en reincidentes, perderán a súa condición de beneficiario, aplicándoselles ás tarifas xerais e o designado nos puntos 2 e 3.